Monforte de Lemos, 7 de xaneiro de 2020. O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola Equipo de Goberno do Concello de Monforte para o ano 2020.
No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, unha para os máis pequenos e cinco para o público adulto. A obra infantil poñerase en escena o venres 10 de xaneiro mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.
A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:
Programación infantil:
-Lambetadas da Compañía Talía Teatro: venres 10 de xaneiro.
Programación Adultos:
-Entre soños de Fran Sieira, Compañía de danza: xoves 23 de xaneiro.
-Crónicas do Paradiso de Sarabela Teatro: xoves 6 de febreiro.
-1879 Casa de bonecas de Estudo Momento: xoves 5 de marzo.
-A compañeira de piso da Compañía Contraproducións: xoves 26 de marzo.
-A conquista da escola de Madhubai de Teatro Do Atlántico: xoves 23 de abril.
Todas as representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos: a infantil, de entrada gratuíta, terá lugar ás 19:00 horas; as 5 restantes, dirixidas a público adulto, representaranse ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.