O mercadillo do Parque dos Condes non poderá celebrarse por existir informe xurídico en contra da Secretaría do Concello

Monforte de Lemos, 14 de xullo de 2020. O Concello de Monforte informa, tras a sinatura do correspondente Decreto de Alcaldía, da non autorización, de forma indefinida, para a instalación do mercadillo ambulante que habitualmente se celebraba os domingos no Parque dos Condes da cidade.

Esta suspensión baséase no informe que o Alcalde, José Tomé Roca, solicitou á Secretaría Xeral do Concello, a fin de coñecer a situación xurídica na que se encontraba o mercadillo ó aire libre que se viña desenvolvendo no Parque dos Condes, de cara a poder reabrilo ou non.

Unha vez obtido o correspondente informe, o Alcalde da conta dos seguintes feitos e consideracións xurídicas.

FEITOS

Dende fai aproximadamente unha década, todos os domingos, no Parque dos Condes de Monforte, na zona da pérgola e anexos, vense celebrando un mercadillo ao aire libre no que diversos vendedores e vendedoras realizan a venda ambulante de distintos tipos de produtos.

Dita actividade de venda ambulante carece de regulación e autorización municipal, tanto para a ocupación do dominio público, xa que o lugar onde se realiza é de titularidade municipal, coma para o propio exercicio da actividade de venda ambulante.

No Concello de Monforte de Lemos non existe ordenanza que regule a celebración de este mercadillo ao aire libre e, por outra banda, os monfortinos e monfortinas teñen a posibilidade de realizar a compra deste tipo de produtos, polo sistema de venda ambulante, dado que todos os días 6 e 24 de cada mes, vense celebrado unha Feira no Campo de “As Lamas”, onde os vendedores e vendedoras poden realizar a súa actividade de venda ambulante.

 

CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS
1a.-
A Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia regula, no seu Título V,

baixo o epígrafeDas modalidades especiais de venda”, a materia que nos ocupa. No seu artigo 70 define o concepto de venda ambulante dispoñendo que “considérase venda ambulante ou non sedentaria a realizada por persoas comerciantes, fora dun establecemento comercial permanente de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados en instalacións comerciais desmontables ou transportables, incluíndo os camións tenda”.

2a.- No seu artigo 71 a citada Lei regula a tipoloxía de venda ambulante e, entre outras, cualifica como tal a “venda ambulante en mercados periódicos: aquela autorizada nos mercados situados en poboacións, en lugares e espazos determinados, cunha periodicidade habitual establecida. Dentro deste epígrafe están encadradas, entre outras, as realizadas en feiras populares, mercadillos e rastros”, que é a situación que nos ocupa.

3a.- En canto as condicións que terá que reunir a venda ambulante o artigo 72 da citada Lei 13/2010, dispón que o exercicio da venda ambulante estará suxeito á obtención de licenza, correspondendo aos concellos a súa autorización, conforme ao disposto na lei e nas súas disposicións de desenvolvemento. A tal fin, os concellos aprobarán as correspondentes ordenanzas municipais de venda ambulante, nas que se determinarán, como mínimo:

a)  Os lugares e períodos en que poida celebrarse a venda ambulante, así como a tipoloxía admitida, tendo en conta das características e necesidades de cada municipio e, especialmente, dos indicadores seguintes:

  1.                    1º) Densidade de tránsito e circulación.
  2.                    2º) Acceso aos locais comerciais ou industriais, aos seus escaparates ou exposicións.
  3.                    3º) Acceso aos edificios de uso público.
  4.                    4º) Condicións para garantir a adecuada sanidade e hixiene.
  5.                    5º) Interese das persoas consumidoras.
  6.                    6º) Tradición e raizame no municipio desta modalidade de venda.
  7. b)  Os requisitos para o exercicio da venda ambulante.

  8. c)  O réxime de autorizacións.

  9. d)  A previsión do número de postos ou licenzas.

  10. e)  Os produtos que poderán ser ofrecidos á venda.

  11. f)  A taxa para pagar pola concesión da licenza.

  12. g)  O réxime interno de funcionamento do mercado, no seu caso.

  13. h)  A previsión do réxime sancionador.

  14. i)  A relación de dereitos e deberes das persoas comerciantes ambulantes.

4º.- Por outra banda o apartado 2o do art. 72, anteriormente citado, regula os requisitos para a realización da venda ambulante ao dispoñer que: “serán requisitos inescusables para a concesión da mencionada autorización de venda ambulante os seguintes:

  1. a)  Estar dado ou dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e, no seu caso, no imposto de actividades económicas.

  2. b)  Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos.

  3. c)  Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.

  4. d)  Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal.

  5. e)  Dispoñer dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen esixibles, se se tratase de persoas estranxeiras.

  6. f)  As persoas xurídicas deberán acreditar os seguintes extremos: o CIF, acta de constitución, estatutos e escritura de poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.

  7. g)  Dispoñer de seguro de responsabilidade civil.

5º.- De acordo con establecido no art. 2.3 b) da Orde de 23 de marzo de 2020, da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (CECOP), de 18 de marzo de 2020, sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados, a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais e o desprazamento de agricultores e viticultores aos efectos da realización de actividades agrarias, no que refírese as persoas vendedoras, terán que ser as titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venta directa (SEVEDI) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA), parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.

6º.- Polo que se refire ao lugar de celebración dos mercadillos ambulantes a citada Lei de Comercio de Galicia, dispón non seu art. 71 que: “os concellos coidarán de que os lugares destinados ao exercicio da venda ambulante áchense en idóneas condicións de limpeza e salubridade, debendo exercer o debido control hixiénico e sanitario, en especial dos produtos perecedoiros e de alimentación, de acordo coa lexislación e as ordenanzas vixentes”.

7º.- Como se dispón, con total claridade, para o exercicio da venda ambulante no Parque dos Condes, é preciso que por parte do Concello de Monforte de Lemos se aprobe a correspondente ordenanza municipal que regule todos os extremos citados.

Pola outra banda, como mais adiante se analizará, a venda ambulante desenvólvese sobre un ben de titularidade municipal pertencente ao dominio público, polo cal a súa utilización ten como consecuencia a obrigatoriedade dos usuarios do aboamento dunha taxa, que terá que ser regulada na correspondente ordenanza fiscal, de acordo co disposto no art. 20 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Ao igual que dende o punto de vista xurídico, dende o aspecto tributario o Concello de Monforte de Lemos carece de ordenanza reguladora de dita taxa.

8º.- A actividade de venda ambulante supón unha utilización dun ben de uso público. Neste senso os artigos 74 a 91 do Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño (Regulamento de Bens das Entidades Locais), deben ser postos en relación cos preceptos con carácter básico relacionados coa materia da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das AAPP, que se ocupan de aspectos tan variados á hora de abordar a utilización dos bens de dominio público, como a caracterización dos usos a que poden dar lugar, ou o réxime das concesións administrativas, cando estas sexan necesarias para lexitimar os usos anteriores.

O punto de partida á hora de estudar o réxime de utilización dos bens de dominio público das Entidades Locais debe ser, en canto precepto básico que fai referencia a toda Administración Pública, o artigo 84 da citada Lei 33/2003 de 3 de novembro, que dispón que: “Ninguén pode, sen título que o autorice outorgado pola autoridade competente, ocupar bens de dominio público ou utilizalos en forma que exceda o dereito de uso que, no seu caso, corresponde a todos”.

As autoridades responsables da tutela e defensa do dominio público vixiarán o cumprimento do establecido no apartado anterior e, no seu caso, actuarán contra quen, carecendo de título, ocupen bens de dominio público ou se beneficien dun aproveitamento especial sobre eles, a cuxo fin exercitarán as facultades e prerrogativas previstas na Lei 33/2003 de 3 de novembro.

As concesións e autorizacións sobre bens de dominio público rexeranse, en primeiro termo, pola lexislación especial reguladora daquelas e, a falta de normas especiais ou en caso de insuficiencia destas, polas disposicións desta lei.

9º.- Sentado o anterior, o Real Decreto 1372/1986 do 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, nos seus art. 74 a art. 91, ocúpase de abordar unha materia cuxos principais puntos de interese son os seguintes:

1.- Réxime xurídico:

a) A utilización dos bens de dominio e uso público rexerase polas disposicións contidas nos artigos citados.

b) O uso dos bens de servizo público rexerase polas normas do Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (os preceptos do Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño (Regulamento de Bens das Entidades Locais) aplícanse de modo subsidiario); o mesmo sucederá cando a utilización de bens de uso público por ser a base necesaria para a prestación dun servizo público municipal ou provincial.

2.- Tipos de uso dos bens de dominio público:

a) Uso común: o correspondente por igual a todos os cidadáns indistintamente, de modo que o uso duns non impida o dos demais interesados.

- Xeral, cando non concorran circunstancias singulares. Exercerase libremente, conforme a natureza dos bens, aos actos de afectación e apertura ao uso público e ás Leis, Regulamentos e demais disposicións xerais.

- Especial, se concorresen circunstancias deste carácter polo perigo, intensidade do uso, ou calquera outra semellante. Suxeitarase a licenza, axustada á natureza do dominio, aos actos da súa afectación e apertura ao uso público e aos preceptos de carácter xeral. As licenzas outorgaranse directamente, salvo se por calquera circunstancia houbese que limitar o número das mesmas, nese caso sería por licitación e, se non fose posible, porque todos os autorizados houberen de reunir as mesmas condicións, mediante sorteo.

b) Uso privativo: o constituído pola ocupación dunha porción do dominio público, de modo que limite ou exclúa a utilización polos demais interesados. Estará suxeito a concesión administrativa.

c) Uso normal: o que é conforme co destino principal do dominio público a que afecte.

d) Uso anormal: o que non é conforme co destino principal do dominio público a que afecte. Estará suxeito a concesión administrativa.

CONCLUSIÓNS

O informe xurídico conclúe que tendo en conta que o mercado que nos ocupa carece de ambos títulos habilitantes, resulta procedente ordear a non autorización, de forma indefinida, do mercadillo ambulante que se celebra os domingos no Parque dos Condes do Concello de Monforte de Lemos.

En consecuencia, de acordo cos artigos 21 e 23 da Lei da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, 43, 44 e 114 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado por Real Decreto 2568/1986, e 13 da Lei 4/1999, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, por Decreto de Alcaldía resólvese “avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno e non autorizar, de forma indefinida, a instalación do mercadillo ambulante que se celebra os domingos no Parque dos Condes do Concello de Monforte de Lemos”.

DECRETO DE NON AUTORIZACIÓN PARA A INSTALACIÓN DO MERCADILLO DO PARQUE DOS CONDES