O Concello fai o segundo reparto masivo de mascarillas a todos os monfortinos e monfortinas

Monforte de Lemos, 2 de maio de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o segundo reparto masivo de mascarillas a todos os cidadáns censados no Concello, reparto que dará comezo o vindeiro luns 8 de xuño e no que se distribuirán 75.000 unidades de mascarillas sanitarias, co obxectivo de facilitar ós veciños medidas de prevención e contención ante o Covid-19.

Este segundo reparto engádese a un primeiro de 70.000 unidades que se levou a cabo a finais do mes de abril. Naquela ocasión, o reparto desenvolveuse porta a porta, tanto nos domicilios da cidade como nas parroquias e cada cidadán recibiu 3 mascarillas. Neste novo reparto de 75.000 mascarillas, cada cidadán censado poderá recoller 4 mascarillas por persoa.

O reparto terá lugar entre o próximo luns 8 e o venres 12 de xuño, ambos incluídos, en horario de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas.

As mascarillas sanitarias distribuiranse dende 7 puntos fixos da cidade, para o cal vanse utilizar dependencias que habitualmente se usan para os espazos electorais. Neste senso, en cada un deses 7 puntos de reparto agruparanse varias mesas electorais, tal e como se detalla a continuación.

Ó igual que no primeiro reparto de mascarillas sanitarias, o persoal encargado da distribución das mesmas será dotado de diversas medidas de protección necesarias (EPI’s) para non poñer en risco nin a súa saúde nin a da cidadanía que acuda a recoller as  súas mascarillas.

Dende o Concello, prégase a colaboración da cidadanía para que a entrega sexa nas debidas condicións, en beneficio da saúde tanto dos traballadores, ós que se lle agradece a súa colaboración, como da dos propios veciños e veciñas.

 

Operativo de reparto

Para a distribución das 75.000 unidades de mascarillas sanitarias homologadas, o operativo ideado polo Equipo de Goberno en coordinación cos Servizos de Atención á Cidadanía vai consistir no reparto a través de 7 puntos fixos ubicados estratexicamente por toda a cidade de Monforte.

O criterio seguido para o establecemento destes 7 puntos fixos de reparto baseouse na distribución por mesas electorais, tendo en conta ós 18 colexios e 26 mesas electorais que actualmente existen no Concello de Monforte.

Deste xeito, cada persoa deberá ir recoller as súas correspondentes mascarillas segundo a mesa electoral na que lle toque votar habitualmente,  comprobando previamente (no listado incluído nesta información) en que local de reparto de mascarillas se ubica a súa mesa electoral.

Neste senso, seis dos sete puntos de reparto corresponden a dependencias e locais que habitualmente se usan para as votacións nas eleccións. E, por cuestións organizativas, establécese un novo punto (o nº 3 que sigue a continuación) que consistirá na ubicación dunha tenda de campaña-carpa na intersección da rúa Benito Vicetto coa estrada do Morín.

 

A distribución dos 7 locais de reparto é a seguinte:

1. Pavillón Municipal de A Pinguela:

  • Mesa de Piñeira
  • Mesa Pinguela-A
  • Mesa Pinguela-B

 

2. Sanidade (antigo Centro de Hixiene e Sanidade, Avda. de Galicia):

  • Mesa Centro Hixiene e Sanidade-A
  • Mesa Centro Hixiene e Sanidade-B
  • Drogodependencia-A

 

3. Tenda de campaña-Carpa ubicada en zona Malvarón (fronte ó Zurich):

  • Mesa Gardería Infantil-A
  • Mesa Gardería Infantil-B
  • Mesa Santa María do Monte-B
  • Mesa Penela-A

 

4. Casitas da Compañía:

  • Mesa Casitas-A
  • Mesa Casitas-B

 

5. Dependencias na Estación de RENFE:

  • Mesa Estación Ferrocarril-U
  • Mesa Asociación Ferrocarril-A
  • Mesa Asociación Ferrocarril-B
  • Mesa Rivasaltas

 

6. Casa do Concello:

  • Mesa Concello-A
  • Mesa Concello-B
  • Mesa Daviña Rey-U
  • Mesa Seoane

 

7. Edificio Multiusos:

  • Mesa Multiusos-A
  • Mesa Multiusos-B
  • Mesa edificio Cruz Vermella-A
  • Mesa edificio Cruz Vermella-B
  • Mesa Colexio Sagrado Corazón-A
  • Mesa I.E.S. Río Cabe-B

 

“Con este novo operativo”, salientou o Alcalde, “dende o Concello de Monforte seguimos a facer un esforzo importante para facilitar ós monfortinos, na medida das nosas posibilidades, 75.000 novas mascarillas sanitarias de protección tan necesarias nestes tempos, nos que a alta demanda de mascarillas fai que moitos veciños e veciñas non poidan acceder a elas”.

 

15.000 mascarillas infantís

Por outra banda, o Alcalde tamén comunicou que as 15.000 mascarillas sanitarias infantís, serán distribuídas ó inicio do vindeiro curso, tanto nos centros educativos coma nas garderías da cidade, e en función da matrícula de cada centro.

Estímase que aproximadamente corresponderán unhas 7 mascarillas sanitarias por alumno.

“Decidimos levar a cabo o reparto das 15.000 mascarillas ós rapaces e rapazas da cidade co inicio do curso porque cremos que neste momento, co segundo reparto que imos facer dende o luns de 75.000 mascarillas, esta parte da poboación queda xa cuberta”, precisou o Alcalde.

Da mesma forma, ó igual que en anteriores repartos, se fose necesario, o Concello tamén surtirá de mascarillas a empresas, asociacións ou sectores económicos que poidan ter necesidades puntuais para facilitar as súas actividades con normalidade.