Monforte de Lemos, 27 de maio de 2020. O Concello de Monforte sumouse hoxe mércores 27 de maio ó minuto de silencio convocado a nivel estatal no primeiro dos dez días de loito oficial establecidos onte polo Consello de Ministros a través dun Real Decreto, polo que se declara loito oficial polos falecidos como consecuencia da pandemia COVID-19.
No acto, que se celebrou diante da fachada principal da Casa Consistorial ás 12:00 horas, participaron o Alcalde do Concello, José Tomé Roca, diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación Municipal, así como traballadores do propio Concello monfortino.
O período de loito decretado polo Consello de Ministros comezou ás 00:00 horas do 27 de maio e concluirá ás 00:00 horas do próximo 6 de xuño. Durante este período e tal como establece o Real Decreto, as bandeiras da Casa do Concello ondearán a media hasta.