Monforte de Lemos, 30 de novembro de 2020. O Concello de Monforte súmase hoxe luns ó Día Internacional da loita contra os Trastornos da Conducta Alimentaria, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase ese día de cor azul turquesa.
Esta iniciativa da Asociación Cior Galicia, Asociación de Prevención e Axuda ós Trastornos da Conducta Alimentaria, que naceu hai 3 anos en Monforte, “conta co apoio do Concello monfortino, que se suma a esta iniciativa co obxectivo de concienciar ós monfortinos e monfortinas sobre os trastornos alimentarios que, desgraciadamente, están presentes en todas as idades sen importar sexo ou condición social”, destacou o Alcalde, José Tomé Roca.
Os trastornos da condunta alimentaria (TCA), son enfermidades mentais que xeran un comportamento patolóxico fronte á inxesta de alimentos e poden chegar a xerar unha obsesión polo control do peso. Por iso, moitas veces xeran graves consecuencias para as persoas que os padecen, e os seus familiares.
A causa dos mesmos está relacionada por múltiples factores: psicolóxico, biolóxico, sociocultural e familiar. Quen os padecen sofren alteracións a nivel mental e físico, e aínda que é posible tratalas, é necesario que a persoa afectada se someta a un tratamento médico e psicolóxico que xeralmente tende a ser longo e complexo.
Para o tratamento destes trastornos alimentarios, é fundamental o apoio familiar, xa que unha das características dos trastornos é que o paciente non ten conciencia da súa enfermidade e polo tanto non pode identificar as consecuencias.
Entre os TCA máis coñecidos atópanse a bulimia, a anorexia nerviosa, a ortorexia, o trastorno por atracón e a vigorexia.
Calcúlase que os TCA afectan a 400.000 persoas en España, e 300.000 delas son adolescentes.