Monforte de Lemos, 2 de abril de 2020. Como xesto simbólico e en en sinal de apoio ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), o Concello de Monforte ilumina hoxe a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, #LIUB), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia.
No pasado ano 2019 ilumináronse en España 377 monumentos; en Galicia foron 25 edificios e monumentos, entre outros a Torre de Hércules, o CGAC, As Burgas ou a Muralla de Lugo.
Este ano 2020, as diferentes asociación implicadas buscan o reto de chegar a 400 entidades iluminadas en España.
A campaña deste ano, pon o foco na educación e o emprego, dúas áreas fundamentais para mellorar da calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.
A crise sanitaria Covid-19 obrigou ó movemento asociativo a visibilizar outras demandas prioritarias: concienciación social, atención sanitaria e falta de recursos para a atención ás persoas con TEA.
Así, dende o Concello de Monforte e dende a asociación Autismo España pídese á cidadanía mostrar a súa solidariedade coas persoas con TEA, as súas familias e as persoas que lles atenden durante esta crise sanitaria iluminando a súa terraza, balcón ou terraza esta noite ás 21 horas.