Monforte de Lemos, 29 de xullo de 2020. O Concello de Monforte, a través dos departamentos de Servizos Sociais e Igualdade, segue a traballar no desenvolvemento de programas destinados a diversos colectivos, nos que prima, coma un dos obxectivos primordiais a inclusión social.
En concreto, dende o pasado mes de decembro de 2019 puxéronse en marcha dos programas, ”Inclusion social da poboación xitana” e “Autoeducarse para educar”, sobre os que se segue a traballar unha vez superado o estado de alarma por mor do Covid-19.
Programa inclusión social do colectivo xitano
Desde os Servizos sociais comunitarios básicos municipais, púxose en marcha en decembro de 2019 un programa orientado á inclusión social da poboación xitana veciña do Concello de Monforte.
O programa inclúe actuacións de apoio á inclusión residencial, mediación social e intercultural, prestación de reforzo socioeducativo das persoas menores de etnia xitana en idade escolar obrigatoria así como apoio á inclusión básica a través do fortalecemento de capacidades persoais e sociais e formación dixital e en competencias clave.
O programa enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021
Para máis información, todos os interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.
Programa Autoeducarse para educar
Desde os servizos sociais comunitarios básicos municipais púxose en marcha en decembro de 2019 un programa dirixido a familias veciñas do Concello de Monforte de Lemos que desenvolve actuacións de carácter socioeducativo. Os seus obxectivos son os seguintes:
- Promover procesos de cambio que favorezan un axeitado exercicio das responsabilidades familiares
- Propiciar a mellora da autonomía e inclusión social das familias usuarias
- Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades parentais e educativas a través de metodoloxía de autoeducación para educar, parentalidade positiva e crianza respetuosa.
- Prevención e atención das situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social.
O programa enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021
Para máis información dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.