O Concello de Monforte renova o firme da rúa Severo Ochoa

Monforte de Lemos, 3 de agosto de 2020. O Concello de Monforte informa que no día de hoxe continúan a desenvolverse obras de mellora en rúas da cidade, continuando así coa planificación deseñada polo Equipo de Goberno nestas semanas.

En concreto, tras acometer onte o asfaltado na rúa Lois Pereiro, que corre a cargo da empresa Acoval, hoxe levouse a cabo o asfaltado do calexón que conecta dita rúa coa rúa Miguel de Cervantes. Tal e como se fixera onte, as actuacións consistiron na limpeza, eliminación de baches e irregularidades, así como a renovación da capa de rodadura de dito calexón.

 

Traballos de mellora en Severo Ochoa

As obras e actuacións de mellora levadas a cabo na rúa Severo Ochoa, están motivadas polo desgaste do seu pavimento, polas deficiencias que presenta na súa sinalización horizontal e polo mal estado do seu asfalto, que presentaba desniveis e zonas co formigón fraturado.

Deste xeito, as obras de mellora da rúa Severo Ochoa leváronse a cabo no tramo que da acceso a leiras e vivendas do interior do patio de mazá determinado polas rúas Concepción Arenal, Morín, Dr. López Suarez e Rosalía de Castro.

Tras a regularización de pequenos baches e desniveles ó longo do tramo, dotouse a todo o ámbito asfaltado existente dunha nova capa de rodadura, de 5 cm. de espesor de formigón bituminoso tipo AC-12 surf 50/70.

Así mesmo, no entronque coa rúa Concepción Arenal, procedeuse á formación dun vado peonil para a eliminación de barreiras urbanísticas, con demolición de beirarrúa existente, retirada de escombros, inclusión de pezas de bordillo rebaixado tipo recto e tipo barbacana, con formación de solera en rampa e loseta de beirarrúa nun ámbito de 1,80 m de lonxitude, con pendente de rampa máx. do 12% e un resalto máximo de 2 cm, e pavimento sinalizador de textura diferenciada e as losetas precisas para igualar co pavimento existente.

Incluíuse tamén nestas obras de mellora, o levantamento e posterior reposición dun ámbito de aproximadamente 14 m² situado entre dous pozos de saneamento e de abastecemento de auga, que presentaban un deficiente estado na súa capa de rodadura. Esta zona atópase a escasos metros do entronque da rúa Severo Ochoa con Concepción Arenal .

Por último, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, se procederá ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas horizontais, cebreados e símbolos correspondentes.

As obras de mellora na rúa Severo Ochoa foron adxudicadas á empresa Probisa por un importe de 25.971,96 euros. Neste importe están incluídas as obras de mellora levadas a cabo onte na rúa Poeta Noriega Varela.