O Concello de Monforte inicia os traballos de mantemento e mellora en todos os parques infantís da cidade

Monforte de Lemos, 14 de maio de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tome Roca, informou do inicio dos traballos de mantemento así como da inclusión de melloras en todos os parques infantís da cidade.

O mantemento dos parques infantís da cidade quedou paralizado por mor do establecemento do estado de alarma sanitaria derivada da pandemia do COVID-19. Pero, unha vez que as autoridades sanitarias permiten a posibilidade de executar obras deste tipo e dado que nos vindeiros días as previsións climatolóxicas parecen favorables, dende o Concello decidiuse retomar estes traballos de mellora nos diferentes parques infantís de Monforte.

Deste xeito, dende a Concellería de Medio Ambiente deseñouse un plan pormenorizado para levar a cabo o mantemento exhaustivo de todos os parques infantís, e que consistirá na limpeza integral do chan e do mobiliario dos mesmos, así como no pintado e remozado dos elementos que o necesiten (vallas, mobiliario, xogos).

“Trátase”, en verbas do Alcalde, “de levar a cabo unha posta a punto de todos os parques, a cal estaba prevista co inicio da primavera, pero as circunstancias provocadas polo Coronavirus fixeron que este mantemento integral se retrasara. Con estas labores de mantemento e mellora, queremos deixar en perfectas condicións de uso estas instalacións para que cando poidan volver a ser utilizadas, os seus usuarios o fagan con todas as garantías”.

No mesmo senso, engade Tomé Roca, “coa instalación de novos elementos de xogo inclusivos e adaptados, seguimos dando cumprimento ó compromiso do Equipo de Goberno de Monforte para facer que os parques da cidade  conten todos con elementos de xogos adaptados, en función das características dos nenos e nenas que xoguen neles”.


Actuacións mantemento e mellora no Parque da Pinguela

Melloras en cinco parques

Aproveitando os traballos de mantemento sobre os parques infantís da cidade, dende a Concellería de Medio Ambiente decidiuse tamén implantar nalgúns deles una serie de melloras, encamiñadas a completar os servizos que ofrecen ós seus usuarios.

En concreto, estas melloras consistirán na instalación de diferentes xogos inclusivos adaptados para todos os rapaces e rapazas, así como chan continuo:

  • Parque municipal infantil da Pinguela: Renovarase o chan de goma que protexe ós nenos en caso de caídas, aplicando un recrecido de 20mm nunha superficie de 66 metros cadrados. Instalaranse tamén, dous muelles adaptados modelo B90E e se substituirá toda a valla perimetral do parque, que na actualidade é de madeira, por una metálica de alta calidade.
  • Parque municipal infantil da rúa Rosalía de Castro: Renovarase o chan de goma que protexe ós nenos en caso de caídas, aplicando un recrecido de 20mm nunha superficie de 66 metros cadrados.
  • Parque municipal infantil da rúa Santiago: neste parque instalarase un muelle adaptado modelo B90E, así coma un asento de columpio para bebé.
  • Parque municipal infantil da rúa Chantada: procederase á renovación do chan de goma que protexe ós nenos e nenas en caso de caídas, aplicando un recrecido de 20mm nunha superficie de 54 metros cadrados.
  • Parque municipal infantil da Florida: finalmente neste parque está planificada a instalación dun asento de columpio adaptado e inclusivo.

Nas actuacións previstas, tamén se inclúe a renovación dos carteis informativos dos parques infantís, nos que se inclúen horarios, normas de uso e toda a información necesaria para facilitar o disfrute de todos os usuarios dos mesmos.