O Concello de Monforte conmemora mañá o Día Mundial sen Tabaco

Monforte de Lemos, 30 de maio de 2020. O Concello de Monforte súmase ó Día Mundial sen Tabaco, que se celebra mañá domingo 31 de maio. Debido á actual situación de crise sanitaria por mor do COVID-19 non se levarán a cabo actos presenciais, como viña sendo habitual noutras edicións.

Precisamente a crise sanitaria do Coronavirus é un dos temas sobre os que xira a campaña deste ano, pola incidencia que pode ter en fumadores esta pandemia.

Corren os fumadores e os consumidores de tabaco maior risco de contraer a COVID-19?

Segundo informan as autoridades sanitarias, é probable que os fumadores sexan máis vulnerables ó COVID-19, xa que o acto de fumar supón arrimar os dedos e os cigarros, que poden estar contaminados, aos beizos, o que aumenta a posibilidade de transmisión do virus da man á boca.

Os fumadores tamén poden padecer unha enfermidade pulmonar ou unha capacidade pulmonar reducida, o que potencia enormemente o risco de enfermidade grave.

Certos artefactos usados para fumar, como as pipas de auga, adoitan conlevar o uso compartido de embocaduras e mangueiras, o que pode facilitar a transmisión da COVID-19 en ambientes comunitarios e sociais.

As afeccións que incrementan as necesidades de osíxeno ou reducen a capacidade corporal de darlle un uso adecuado conlevan un maior risco de sufrir afeccións pulmonares graves como a pneumonía.

Deste xeito, os pacientes con Covid-19 que fuman teñen máis risco de ser ingresados en UCI e necesitar ventilación mecánica.

 

Para máis información os interesados poden dirixirse ós servizos de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, situados na Praza da Estación, 17, e no 982 400 495.