Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na tarde de hoxe ós dous deportistas do Club Taekwondo Neka Monforte, Alejandro Losada (Alex Camba) e Laura Álvarez, en recoñecemento por proclamarse Campións de España de Taekwondo na modalidade de técnica, no Campionato de España de Taekwondo por seleccións autonómicas celebrado en Torrelavega (Santander) o 1 de febreiro de 2020. No acto estivo acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.
Deste xeito, Alejandro Losada, proclamouse Campión de España en categoría sénior, mentres que Laura Álvarez se proclamou Campioa de España en categoría cadete.
Ademais o Consello Superior de Deportes ven de recoñecer a Alejandro Losada como Deportista de Alto Nivel a nivel nacional o que, ademais do recoñecemento persoal, supón o ter acceso a novas vantaxes tanto a nivel económico como académico.
Tanto Alejandro como Laura estiveron a pasada fin de semana adestrando coa Selección Española de Taekwondo no Centro de Alto rendemento de Madrid, con vistas á preparación do Campionato do Mundo que se celebrará en Dinamarca.
O Alcalde entregoulles un trofeo conmemorativo e animounos a seguir competindo a este nivel e a seguir acadando éxitos que tamén o son para a cidade de Monforte.