Monforte de Lemos, 22 de xaneiro de 2020. Por segundo año consecutivo, a Red de Juderías de España está presente cun stand propio en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra dende hoxe e ata o domingo en Madrid.
Deste xeito, hoxe ás 17 h tivo lugar o acto institucional en dito stand, acto no que a cidade de Monforte estivo representada polo seu Alcalde, José Tomé Roca, así como pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón.
O stand da Red de Juderías é así punto de encontro para os profesionais do sector turístico e o público xeral que desexen coñecer as numerosas propostas de viaxe articuladas en torno á herdanza sefardí das 22 cidades que conforman a Red, e entre as que se atopa Monforte de Lemos.
A presentación institucional que tivo lugar hoxe, estivo presidida polo Alcalde de Jaén y Presidente da Red de Juderías, Julio Millán, quen estivo acompañado de Alcaldes e representantes institucionais das cidades da Red.
O acto serviu tamén para presentar a colección de Guías Turísticas da Red de Juderías, e concluíu coa invitación ós asistentes a unha copa de viño kosher español.