O Alcalde de Monforte anuncia publicación da licitación para a instalación e xestión de 12 colectores de recollida de roupa usada na cidade

Monforte de Lemos, 9 de xuño de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a publicación na Plataforma de Contratos do Estado da licitación do proxecto para a instalación en vía pública e xestión de colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles, definidos na Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).

O prezo de licitación deste proxecto é de 5.483,04 euros, IVE excluído, correspondentes a 12 colectores por un período de dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas anuais.

O concurso, que vaise levara a cabo mediante licitación electrónica, estará aberto á participación de todas aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos nos pregos de prescricións técnicas e administrativas establecidos para dito proxecto.

O prazo para a presentación de ofertas será de 15 días naturais dende a súa publicación na Plataforma de Contratos do Estado.

Na actualidade, o Concello de Monforte conta con 10 colectores instalados para roupa usada que se atopan nas seguintes ubicacións:

  • Avenida de Galicia, nº 65-71.
  • Paseo de Lugo, nº 5.
  • Rúa Chantada (chalet adosados nº6).
  • Campo San Antonio s/n.
  • Paseo do Malecón, xunto ó Centro da Terceira Idade.
  • Estacionamento do Parque dos Condes.
  • Rúa A Estrella con rúa Muiños de Antero.
  • Rúa Morín nº 57.
  • Rúa Ourense nº 122.
  • Praza Estación ADIF.

Para este contrato, e vistas a necesidade de contar con máis puntos de recollida, dende  o Concello decidiuse ampliar o número de colectores a 12 unidades. Neste senso o Alcalde resalta que “o noso obxectivo “é mellorar a actual dotación de colectores de recollida de roupa usada e ubicalos en 12 puntos estratéxicos da cidade, debido á alta demanda que os monfortinos fan deste servizo”.

 

Requisitos que debe cumprir a empresa adxudicataria

Para poder acceder a este concurso público que nos ocupa, as empresas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Contar coa autorización de xestor de residuos non perigosos para as actividades de recollida e transporte pola Xunta de Galicia, con número de xestor autorizado, para os residuos con código 20 01 10 Roupa (Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro).
  • Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil, que cubra calquera tipo de incidente ou accidente imprevisto.

A ocupación da vía pública, require segundo as ordenanzas fiscais de unha achega económica por cada colector instalado, sendo esta cantidade a seguinte: 143,46 €/ano.

O Concello esixe á empresa xestora de residuos, a presentación dun informe mensual da cantidade de residuos recollidos, especificando a cantidade obtida en cada colector.

Asimesmo, na presentación da oferta deberá anexarse unha memoria do procedemento a seguir co destino dos residuos recollidos. Se deben especificar os procedementos a seguir pola empresa para a xestión dos residuos que nos ocupan, instalación de colectores, recollida, transporte, valorización, frecuencia de recollida, etc.

 

Instalación, tipos e características dos colectores

A empresa adxudicataria ubicará os colectores no lugar designado pola Concellaría de Medio Ambiente. Serán de conta do adxudicatario cantos gastos se orixinen por razón do transporte, mantemento, deterioro, etc. En todo caso deberán manter os colectores en todo momento en perfecto estado.

Os colectores serán de chapa galvanizada como mínimo de 1,5 mm de espesor, ou similar, pechados hermeticamente e con sistema de seguridade en apertura evitando así actos vandálicos e/ou roubos de residuos, derramamentos, atrapamento de persoas, etc. Deben ser colectores homologados por organismo competente segundo a lexislación vixente.

Os colectores deberán ir identificados co residuo que debe depositarse neles e co escudo do Concello.

O adxudicatario deberá colocar en cada colector, nun lugar facilmente visible para os usuarios, unha pegatina  de tamaño mínimo tamaño 15x15 cm., co nome, dirección e teléfono onde os usuarios podan presentar as súas eventuais reclamacións.

 

Mantemento e conservación

O mantemento dos colectores, así como da zona de uso público adxacente o colector, serán responsabilidade da empresa adxudicataria.

Os colectores deberán estar en perfecto estado de conservación estética, de seguridade e salubridade. Debendo estar pintados, cos peches e sistemas de seguridade actuando correctamente en todo momento.

O Concello non será responsable en ningún momento do uso ou mal uso que a cidadanía podan darlle os colectores, nin dos desperfectos que estes puideran sufrir por actos vandálicos, incendio u outros. A reparación de calquera desperfecto que se lle fixese a os colectores correrá a cargo da empresa adxudicataria.

O tempo máximo de resposta para subsanar calquera incidencia non poderá ser superior a 24 horas, dende o requirimento formulado a tal efecto polo Concello.

 

Duración do contrato e prezo anual do servizo

A duración do contrato fixase en dous anos que poden ser prorrogados ata un máximo de catro se ambas partes o acordan.

O canon mínimo de saída se fixa na cantidade de: 5.843,04 €. Correspondentes a 12 colectores polo período inicial do contrato, e dicir dous anos.

 

Criterios de valoración

A valoración das ofertas presentadas se realizará cun único criterio, sendo este o canon ofertado. Outorgarase un máximo de 100 puntos á oferta máis favorable, valorándose o resto proporcionalmente.