Monforte de Lemos, 10 de setembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, tal como había comprometido, anuncia o reparto gratuíto de mascarillas de protección ante o Covid-19 en todos os centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Monforte. Este reparto foi confirmado no día de onte mediante unha chamada persoal do Alcalde ós directores dos cinco colexios de primaria, dos tres institutos e do centro de educación especial Infanta Elena.
O obxectivo non é outro que facilitar medidas de prevención e contención do Covid-19 ós alumnos e alumnas que están a piques de iniciar o curso escolar. Este reparto tivo lugar no día de hoxe 10 de setembro de 2020 en todos os centros de Infantil e Primaria coma en todos os centros de Secundaria do Concello de Monforte.
En concreto, e logo de que o Equipo de Goberno coordinara as diferentes entregas cos responsables de cada un dos centros educativos, o Concello distribuíu de xeito gratuíto unhas 22.000 mascarillas, das cales 12.180 son mascarillas infantís destinadas a alumnos de Infantil e Primaria con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e 9.710 son mascarillas para alumnos de ESO, que abarca estudantes con idades comprendidas entre 12 e 16 anos, así como os alumnos do Conservatorio Municipal de Música e o centro de educación especial Infanta Elena. Nestes últimos casos, as 9.710 foron mascarillas de adultos.
Os centros que recibirán esta importante partida de mascarillas (21.890) serán o CEIP de Monforte de Lemos (Colexio Novo), o CEIP A Gándara, o Colexio Ferroviario, o Torre de Lemos, o Colexio Pais Escolapios, o CEE Infanta Elena, os IES A Pinguela, Daviña Rei e Río Cabe, e o Conservatorio Municipal así como a Escola Municipal de Música.
Unha vez entregadas as mascarillas correspondentes en cada centro educativo, que foron asignadas en función da matrícula de alumnos coas que conta cada un, serán os propios responsables dos centros os encargados do reparto entre os seus alumnos e alumnas. Neste senso, o Concello destinou un total de 10 unidades de mascarillas por alumno/a.
No caso das mascarillas infantís, o Concello conta con dúas partidas de mascarillas, 5.000 en tela reutilizables e outras 8.000 tipo sanitario. Neste caso, cada alumno recibirá 4 mascarillas de tela e 6 sanitarias.
“Con este operativo específico para os centros educativos”, salientou o Alcalde, “dende o Concello de Monforte facemos un esforzo importante para facilitar a todos os alumnos e alumnas da cidade os recursos de protección tan necesarios nestes tempos, nos que o uso obrigado de mascarillas sanitarias é un dos aspectos fundamentais para previr e conter a expansión da pandemia do Covid-19”.
Ademais desta partida de 22.000 unidades, destinada especificamente ós alumnos e alumnas de Monforte, cabe recordar que o Equipo de Goberno do Concello xa levou a cabo, nos meses de abril e maio, o reparto de 150.000 mascarillas para todos os veciños censados, así como outras 12.000 mascarillas repartidas entre os comerciantes e hostaleiros de Monforte.
O Alcalde concluíu destacando que “son case 185.000 as mascarillas que o Concello de Monforte dispuxo de xeito totalmente gratuíto para contribuír á prevención e á contención da pandemia do Covid-19 entre os nosos veciños, e seguiremos traballando na medida das nosas posibilidades para paliar os efectos que esta crise sanitaria está tendo na nosa sociedade.”
Por si fose necesario facer novos repartos o Concello dispón de un stock xa importante de mascarillas que se verá incrementado con novos pedidos nos vindeiros días en previsión de que poidan ser necesarias ó longo do inverno e tamén do curso escolar.