Monforte de Lemos, 5 de novembro de 2020. O Concello de Monforte segue a desenvolver a súa programación cultural para o último trimestre do ano 2020, contando coas medidas de seguridade necesarias ante o Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas.
Deste xeito, este domingo 8 de novembro ás 18:00 h o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá un espectáculo musical para público infantil e familiar dentro do programa “Outono é diversión” de Política Lingüística.
A Compañía María Faltri e Jorge Juncal presenta “Fantasía coas palabras”, espectáculo musical no que se unirán a música en directo e a acción teatral no recorrido polas cancións que compoñen o disco “Fantasía con Palabras”.
Os compoñentes do grupo son María Faltri, Jorge Juncal, Juansy Santomé, Reynier Aldana e Max Gómez.
A entrada para esta obra é gratuíta, sendo o aforo limitado.
Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica.
A entrada farase media hora antes do comezo da obra ata completar o aforo.