Monforte de Lemos, 20 de xullo de 2020. O Concello de Monforte informa que dende hoxe día 20 de xullo e ata o día 31 do citado mes de xullo, ambos incluídos, está aberto o prazo de matrícua para a Escola Infantil Municipal de Monforte de Lemos.
Este prazo de matrícula é para aqueles alunmos e alumnas que figuran na lista de admitidos.
Para formalizar dita matrícula pódese descargar o impreso que figura ó final desta noticia, ou ben recollelo tanto na Casa do Concello (Campo de San Antonio, s/n) coma no propio Centro de Información á Muller (CIM), no Centro Cívico (Paseo do Malecón s/n) ou na propia Escola Infantil Municipal.
A documentación pódese presentar de xeito telemático a través da sede electrónica da web do Concello ou ben no rexistro municipal.
Impreso Matrícula Escola Infantil Municipal Curso 202-21