O CONCERTO DA IGREXA DA RÉGOA DE MAÑÁ APRÁZASE POR MOR DO CORONAVIRUS

AVISO DE ÚLTIMA HORA:

INFORMAMOS QUE A CRISE DO CORONAVIRUS OBRIGA A APRAZAR O CONCERTO DE KOSMOS ENSEMBLE, QUE ESTABA PREVISTO PARA MAÑÁ VENRES DÍA13 DE MARZO NA IGREXA DA RÉGOA DE MONFORTE DE LEMOS.

 

 

____

Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2020. A igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos acollerá mañá un dos concertos que forman parte do programa do XIII Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. Trátase da actuación de Kosmos Ensemble, trío procedente de Reino Unido, e que terá lugar a partir das 20:30 horas.

A entrada para acudir ó mesmo é gratuíta, pero é necesario reservala a través da web www.porticodoparaiso.com. Este evento conta co patrocinio da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

A provincia de Lugo acollerá outro concerto dentro deste festival internacional. Trátase da actuación do arpista Andrew Lawrence-King, que terá lugar na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, en O Saviñao.

 

Kosmos Ensemble está redefinindo a relación entre a música clásica e a world music. Este trío, composto por violín, viola e acordeón, foi recoñecido como Selected Artists pola organización Making Music e recibiu eloxios por parte da crítica especializada. Unidos por unha paixón compartida pola improvisación, a música multicultural e cunha impecable formación clásica, cada membro de Kosmos é á vez un solista internacional recoñecido no seu campo con prestixiosos premios e críticas.

Os membros de Kosmos viaxaron moito, actuando con músicos de todo o mundo, así como dentro do amplo multiculturalismo da escena musical de Londres. Estudaron colectivamente música do norte de África, Oriente Medio, música xudía, balcánica e xitana, tango arxentino, flamenco, tradicións celtas e jazz, así como música clásica contemporánea. Combinan todos os seus coñecementos co respecto pola súa propia formación de música clásica occidental, actuando libremente con garbo, innovación e creatividade, e incorporando a improvisación nos propios arranxos e composicións únicas.

Kosmos actuou nos festivais de música máis prestixiosos do Reino Unido e nas salas como o Southbank Centre de Londres ou o Royal Albert Hall. Tamén en varios países europeos, como no Padova River Festival (Italia), no Festival Estival (Polonia) ou no Festival Hydra (Grecia). En 2018, Kosmos interpretou un triplo concerto especialmente escrito para eles polo eminente compositor Errollyn Wallen. A súa música é habitual en programas da BBC Radio 3 e Classic FM.

Richard Morrison, crítico do xornal The Times, dixo deles: ”Unha relación telepática, un deslumbrante virtuosismo, unha erudición seria, unha curiosidade intelectual e unha musicalidade impecable, desafíote a que non te hipnoticen.”

  Programa de Kosmos Ensemble na igrexa da Régoa

Parte I

-Armenaki – Shapiros , Música grega e xudía Klezmer *

-Danzas ucraínas *                                  

-Još ne sviće rujna zora (Amencer vermello), Canción serbia *

-Pinnacle Ridge - Snus Mårten, Música de Suecia cun reel do violinista escocés Roger Peppe *

-Eyes like yours , Música grega cun toque do tema Revirado de Piazzolla *

-Sakura , Peza composta por Kosmos inspirándose nun tema popular de Xapón

-Ziguenerweisen ** , Pablo Sarasate (1844 - 1908)

 

Parte II

-Liberklezango, Libertango de Piazzolla con algo de música xudía Klezmer *

-Tema de A lista de Schindler * , John Williams (1932)

-Jealousy *, Jacob Gade (1879 - 1963)

-Virtuozna Harmonika *, Ljubiša Pavković (1947)

-The Larks, Tema de Vaughan Williams mesturado con música de Romanía e Hungría *

 

* Arranxos de Hamilton, Mackenzie e Milivojević.

**Arranxos de Hamilton, Mackenzie, Milivojević e Anstee.