Monforte de Lemos, 04 de decembro de 2020. A Concellería de Muller e Igualdade ven de celebrar a última das actividades organizadas dentro da campaña Monforte en Negro contra as violencias, co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.
En concreto, trátase do obradoiro en liña: “Prevención do acoso callejero”, que estaba dirixido a público en xeral maior de 16 anos, de carácter gratuíto, e impartido pola Fundación Mujeres, enmarcado no programa Standup.
En total se inscribíronse no obradoiro 28 personas, das cales unicamente había un home. A maioría das participantes eran de Monforte, pero tamén houbo dúas persoas con domicilio en Santiago e outras dúas en Ourense. Dos 28 participantes, 17 contaban con emprego, 10 eran desempregadas e 1 persoa inactiva. En canto ós tramos de idade, a maioría foron participantes de entre 35 y 40 años, había dúas mulleres menores de 30 anos e dous maiores de 55. Outras tres estaban entre 40 y 55 años.
No obradoiro deuse a coñecer un conxunto de ferramentas demostradas que axudan á xente a intervir de maneira segura cando se experimenta o presencia situacións de acoso en espazos públicos. O obxectivo do programa Stand Up é formar a un millón de persoas para que o denuncien e así construír finalmente unha cultura na que o acoso callejero sexa visto coma un comportamento inaceptable.