Monforte de Lemos, 28 de xuño de 2019. A concelleira de Igualdade de Monforte, Margarita López, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón presentaron hoxe a Guía de prevención da violencia sexual, no Salón de Plenos do concello de Monforte. Entre os asistentes tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, así como a concelleira de Consumo, Regina López.
O acto de presentación, que correu a cargo da empresa Arabías SCG desenvolveuse ao longo de dúas sesións:
- Ás 12.30 h. dirixida ao persoal municipal na que se tratou principalmente a prevención de acoso sexual e acoso por razón de sexo na administración municipal.
- Ás 13.30 h. dirixida a axentes socioeconómicos do municipio coa finalidade de coñecer e de prever a violencia sexual na cidadanía en xeral.
Ambas sesións contaron coa presencia de numeroso público interesado nos pormenores e claves da Guía que se prensentou hoxe.
A guía está impulsada pola Concellería de Igualdade do Concello de Monforte coa asistencia técnica de Arabías S. Coop. Galega e baixo a dirección coordinación e seguimento do persoal municipal do Centro de Información á Muller (CIM).
Do mesmo xeito, está financiada con cargo á Resolución do 4 de decembro de 2018 de transferencias da Secretaría de Estado de Igualdad para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás Entidades Locais no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o exercicio do 2018.
Esta guía enmárcase como unha actuación específica dentro do III Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Monforte 2018/2023, coa finalidade de coñecer e de prever a violencia sexual.
O reto actual está non so en dotar ao Concello de Monforte dun instrumento de prevención da violencia sexual para os próximos anos, senón tamén esta guía vai permitir a adquisición dun compromiso con esta materia na que se implique a todo o municipio xerando un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe social, na medida na que se fomenta o establecemento de canles de participación da cidadanía monfortina.
Guía de prevención do acoso sexual e por razón de sexo na administración municipal
Guía de prevención da violencia sexual Sexo conSenso