Monforte de Lemos, 29 de marzo de 2019. Desde a Concellería de Igualdade de Monforte de Lemos infórmase que o vindeiro luns 1 de abril ábrese o prazo de presinscrición para presentar a solicitude de reserva de praza por novo Ingreso na Escola Infantil Municipal para o Curso 2019-2020.
As persoas interesadas teñen á súa disposición as solicitudes nas dependencias do Rexistro do Concello, na Escola Infantil Municipal así como poden descargalo na páxina web do Concello.
Os formularios de presinscripción xunto con toda a documentación indicada nos mesmos, deberase presentar no Rexistro do Concello de Monforte de Lemos do 1 ao 30 abril.