Monforte de Lemos, 4 de decembro de 2019. José Tomé Roca, en calidade de Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte, anunciou hoxe, xunto á 1ª Tenente de Alcalde da cidade, Gloria Prada, a sinatura onte dun convenio de colaboración interadministrativa entre o ente provincial e o Concello monfortino, que supón un investimento na cidade do Cabe de case 230.000 euros, en concreto 229.782,61 euros. Dita aportación servirá para converter á zona de Cobas nun novo parque público para Monforte.
O proxecto ten un custe total de 234.622,61 euros, dos que o Concello só vai aportar 4.840 euros. Polo tanto a Deputación aporta o 98% do financiamento do proxecto, mentres que a entidade local achega o 2% restante. A área na que se vai acometer dito proxecto, que supón un novo parque público para Monforte, conta cunha superficie de 18.830 metros cadrados, practicamente 2 hectáreas.
O Presidente indicou que “as actuacións van a consistir nun axardinamento integral de todo o terreo afectado, incluído alumeado, dando continuidade á primeira parte da senda peonil que xa o ten. Levará un sistema de rego por zonas para manter verde esa zona de céspede, procederase á plantación de novas árbores para sombra, e tamén será dotado de mobiliario urbano, bancos e papeleiras entre outros elementos, para que poida ser desfrutada esta nova area de lecer polas veciñas e veciños de Monforte”.
Con esta actuación, ponse en valor un terreo ubicado no medio de dous barrios emblemáticos da cidade, como son o barrio de Cobas e o barrio da Pinguela, e ó mesmo tempo poténciase a senda peonil, ó dotarse de alumeado público con columnas e luminarias tipo LED e con liñas de alimentación soterradas, a outro treito do paseo fluvial que coincide ó seu paso co novo parque de Cobas.
Tamén se levará a cabo un axardinamento integral de todo o terreo afectado, incluído alumeado, dando continuidade á primeira parte da senda peonil que xa o ten. Levará un sistema de rego por zonas para manter verde esa zona de céspede, procederase tamén á plantación de novas árbores para sombra, e tamén será dotado de mobiliario urbano, bancos e papeleiras entre outros elementos, para que esta nova area de lecer poida ser disfrutada, polas veciñas e veciños de Monforte. Tomé Roca tamén anunciou o remate do circuíto de tráfico xuvenil, que permitirá ós centros educativos poder formar ós rapaces e rapazas en seguridade vial.
O proxecto desta obra foi feito pola empresa monfortina Abante e “esperamos licitar as obras ó comezo da primavera para que se podan realizar na mellor etapa do ano, como é a primavera e o verán, e que estean totalmente rematadas antes do 30 outubro de 2020 (que é cando finaliza o convenio), por ser os meses de setembro e outubro os mellores meses do ano para levar a cabo a sembra de sementes pratenses, como neste caso ocorre coas sementes dos céspedes”, indicou o Presidente provincial.
“Este investimento”, salientou o Tomé Roca, “é froito do compromiso do Goberno Provincial coa Cooperación cos Concellos, e neste caso, tamén permite ó Concello de Monforte, cumprir coa previsión que tiñamos de ofrecer novos servizos relacionados co medio ambiente ós veciños e veciñas de Monforte, e que en definitiva melloran a calidade de vida e benestar de todos os monfortinos e monfortinas”.
Pola súa banda, Gloria Prada, agradeceu “ó Presidente da Deputación este gran esforzo que fan cunha aportación económica de 230.000 euros, que para o Concello é un gran logro posto que continuamos mellorando a cidade, neste caso entre os barrios de Cobas e a Pinguela. Deste xeito, cumprimos o compromiso que tiñamos cos veciños de poñer en valor este espazo que estaba degradado e agora, con esta inversión e con esta obra que se vai facer, ímolo conseguir definitivamente.”
Un aspecto importante que salientou a 1ª Tenente de Alcalde é a recuperación social do río Cabe: “queremos que a veciñanza volva a mirar ó río e que saque o mellor partido desta zona natural”.
A representante do Concello concluíu a súa intervención agradecendo “expresamente ó Presidente da Deputación, que tamén é o Alcalde deste Concello, o seu compromiso con Monforte, que estou segura de que vai ter continuidade en outras actuacións que contribúan a mellorar a nosa cidade”.