Monforte de Lemos, 30 de agosto de 2019. Ó longo desta semana, dende a Concellería de Deportes do Concello de Monforte, iniciouse unha rolda de contactos con cada unha das Entidades Deportivas e Clubs do Concello que teñen concedida subvención nominativa nos orzamentos do ano 2019.
Deste xeito, tras esta comunicación, os clubs e entidades poden iniciar os trámites administrativos necesarios para a xustificación e cobro das subvencións que en cada caso teñen concedida. Para elo, terán de prazo ata o 13 de setembro para presentar a documentación requirida polo Concello para posteriormente asinar un convenio e proceder á xustificación da axuda.
Estas subvencións están destinadas a sufragar gastos de actividades de fomento do deporte e a práctica deportiva, así como para contribuír ós gastos de participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante a tempada 2018 – 2019.
Segundo indicou o Alcalde, José Tomé Roca, “puxémonos en contacto cun total de 30 entidades deportivas e clubs beneficiarios deste tipo de subvencións, para os que destinamos un total de 109.822,50 €, cantidade que duplica a dotación orzamentaria con respecto ó ano 2015, tal e como nos comprometemos a levar a cabo dende o Equipo de Goberno do Concello”.
A asignación económica que ten cada unha das entidades deportivas e clubs é a seguinte:
CLUB DEPORTIVO |
IMPORTE SUBVENCIÓN |
|
A.D. A Ponte Vella |
962,50 € |
|
A.D. Colexio Ferroviario |
800,00 € |
|
A.C. Castelao |
1.300,00 € |
|
C.P. Calasancio |
15.700,00 € |
|
Club Templarios Pool |
540,00 € |
|
Sociedade Val de Lemos Caza e Pesca |
1.500,00 € |
|
A.D. A Gándara |
2.400,00 € |
|
C.V. Ribeira Sacra |
10.500,00 € |
|
Club Pesca Monforte |
1.100,00 € |
|
Club Taekwondo Neka |
3.000,00 € |
|
A.D. Torre de Lemos |
800,00 € |
|
C.B. Val de Lemos |
7.300,00 € |
|
C.N. Monforte |
10.020,00 € |
|
A.D. Escolapios |
800,00 € |
|
Club de Montaña Quixós |
5.000,00 € |
|
A.D. Veteráns |
1.600,00 € |
|
Club X.R. Quicela |
5.000,00 € |
|
A.D. Río Cabe |
1.700,00 € |
|
Club Fluvial Monforte |
800,00 € |
|
Club Lemos |
17.500,00 € |
|
Club Ciclista Monforte |
962,50 € |
|
Club de Fútbol Monforte |
8.700,00 € |
|
Club de Tiro Olímpico Cabe |
400,00 € |
|
Sociedade Colombófila Aires de Lemos |
437,50 € |
|
Club de Tenis Cuatro Vientos |
525,00 € |
|
Castelo Bike Club |
962,50 € |
|
C.C. Torre San Vicente |
962,50 € |
|
Club Korbis |
7.000,00 € |
|
Sociedade Deportiva Monforte A Lagoa |
450,00 € |
|
Club de Pesca Río Cabe |
1.100,00 € |