Monforte de Lemos, 17 de abril de 2019. O Concello de Monforte informa dos servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios en Monforte durante os festivos de Semana Santa, que corren a cargo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas S.A.
Tal e como recolle o contrato establecido con dita empresa, cando coincidan dous festivos consecutivos prestarase o servizo habitual , como se fora un día laborable, nun deses dous festivos.
Deste xeito, nas vindeiras datas festivas de Semana Santa, a empresa prestará en Monforte o servizo habitual dun día laborable o venres 19 de abril.
O domingo 21 de abril, a empresa prestará o servizo propio de domingos e festivos, que será reforzado con equipo de barrido mecanizado e dous peóns varrendeiro a maiores do habitual.
Finalmente, mañá xoves día 18 e o martes 23 de abril (Martes de Pascua, festivo local), a empresa prestará os servizos habituais de domingos e festivos.
O Concello quere recordar e agradecer aos usuarios que procuren evitar depositar o lixo en ditos días fora do horario e ubicacións establecidas para elo.