O Concello de Monforte súmase ós actos de celebración do Día do Orgullo LGTBIQ

Lugar: 
Monforte de Lemos
Actividad: 
Celebración do Día do Orgullo LGTBIQ
Fecha: 
venres, Xuño 28, 2019 - 09:45 a 23:45

Monforte de Lemos, 28 de xuño de 2019. O Concello de Monforte súmase ós actos de celebración do Día do Orgullo LGTBIQ que teñen lugar na xornada de hoxe.

Deste xeito, colocouse no balcón da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo da comunidade LGTBIQ (lesbianas, gays, bisexuales, transexuales, intersexuales e queer) para conmemorar o Día Internacional dos dereitos das persoas  LGTBIQ.  A través desta iniciativa o concello quere manifestar o  seu apoio á celebración do Orgullo LGTBIQ visibilizando a diversidade sexual  e promovendo a igualdade, liberdade e o respecto.

Dende o Concello condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia –tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo– por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.

Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.

E ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia.