Monforte de Lemos, 01 de novembro de 2019. O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, que é o patrón dos traballadores da empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), encargada deste servizo na cidade.
Dita festividade de San Martín de Porres establece como día festivo o 3 de novembro que, ó coincidir en domingo determina que o festivo sexa trasladado para o seguinte día laborable. Pero para evitar os inconvintes que se poidan ocasionar en Monforte por estar dous días seguidos sen a totalidade do servizo de recollida e transporte de residuos urbanos, a celebración da festividade trasládase, logo de chegar á empresa a un acordo cos traballadores, ó martes 5 de novembro.
Deste xeito, dito martes día 5 de novembro unicamente prestaranse os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo. Por este motivo, pregamos ós usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo en dito día.