Monforte de Lemos, 30 de maio de 2019. O Concello de Monforte informa que mañá venres 31 de maio permanecerá pechada a oficina de atención ó cliente de Aqualia en Monforte (Concesionaria Municipal do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello) por festividade da Patrona da Auga, Nosa Señora da Luz, (festividade do 1 de xuño).
Deste xeito, na xornada de mañá venres, para calquera xestión, consulta ou aviso, o abonado seguirá tendo á súa disposición os seguintes teléfonos:
- Atención ó Cliente: 900 813 357
- Avarías: 900 813 047 (24 horas, 365 días do ano)
- Entrega de lecturas: 900 813 048
- Ademais da oficina virtual, na páxina web www.aqualia.es