Monforte de Lemos, 20 de marzo de 2019. O Concello de Monforte acordou coa empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello, a realización dun proxecto de limpeza en profundidade das zonas peonís e das rúas máis transitadas da cidade que afectan a distintos barrios.
Para levar a cabo esta mellora da limpeza viaria vanse utilizar dous tipos de maquinaria en función da amplitude do espazo e das posibilidades de acceso de cada unha das máquinas debido ó seu tamaño.
Os traballos consisten nunha labor de decapado que xa se están levando a cabo cunha máquina que está a disposición nas instalacións monfortinas, composta dun prato de decapado acoplado a un furgón de auga a presión, e que fai os traballos en zonas complicadas e en terrazas, por ser de tamaño máis pequeno, máis manexable, e polo tanto máis accesible.
Con esta máquina xa se levaron a cabo labores de limpeza na praza da Estación, na rúa Calvo Sotelo, na rúa Santa Clara, na praza do Campo de San Antonio, na praza Doctor Goyanes, na rúa de Galicia, onde se ubica a parada de taxis, e na praza de España.
Nos vindeiros días estará traballando en Monforte unha decapadora SCHMIDT CMAR NC200. Trátase dunha decapadora de triple prato, dous deses pratos situados na parte frontal da máquina e outro desplegable na parte traseira da mesma que vai recollendo a suciedade extraída polos pratos dianteiros.
A decapadora antes citada traballa con altas presións e auga quente, o que permite eliminar con máis eficacia os restos da suciedade incrustada ben na pedra das rúas ou ben nas plaquetas de terrazo.
Entre as dúas máquinas xa referidas, nos próximos días dedicaranse a decapar a rúa Cardenal, tanto na parte peonil como na zona non peonil, a rúa Hermida Balado, a rúa Doutor Teixeiro, a rúa do Comercio, a Praza dos Chaos, a rúa Roberto Baamonde, a rúa Hortas, a rúa Otero Pedrayo e a rúa Poeta Lois Pereiro.
Posteriormente decaparán tamén a zona da Compañía, a avenida de Galicia dende a parada de taxis ata a rúa Ourense, o paseo de Lugo e outras zonas que se consideren de interese pola presencia dun alto número de persoas.
Estes traballos preténdense que estean rematados na súa inmensa maioría antes de Semana Santa e en todo caso ó longo do mes de abril.