Monforte de Lemos, 3 de xuño de 2019. As brigadas municipais do Concello de Monforte, apoiadas pola empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L., comezaron esta mañá os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes.
Esta é a quinta limpeza que se leva adiante dende que José Tomé chegou á Alcaldía, e que era un seus dos compromisos para manter en bo estado esta zona da cidade. Do inicio destes traballos foilles comunicado por escrito á consellería de Medio Ambiente da Xunta e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
O primeiro dos pasos consiste o baleirado da auga para, posteriormente, poder extraer con maquinaria todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno. Para iso, empregase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a 4.598 euros.
“A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade; co Parque dos Condes ó seu redor trátase dunha das zonas que atrae un maior número de turistas e tamén é un dos lugares máis visitados polos veciños e veciñas para dar paseos”, explica o Alcalde.
José Tomé engade que “por iso, consideramos que a limpeza e o mantemento da lagoa é unha tarefa imprescindible para poder dar unha boa imaxe e que esta zona sexa unha das nosas mellores cartas de presentación”.
O investimento total destinado ó acondicionamento deste espazo da cidade ascende a practicamente 5.000 euros.
Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais están tamén a desbrozar o entotno da mesma, “todo isto para que conseguir que esta zona da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”, indica o mandatario local.