Monforte de Lemos, 10 de agosto de 2019. O Concello de Monforte ven de chegar a un acordo cos responsables das atraccións mecánicas que compoñen o espazo feiral das Festas Patronais de Monforte, que darán comezo este domingo día 9, para que durante os días 12, 13 e 14 de agosto, durante unha hora, de 18:00 a 19:00 horas, a música deixe de sonar en solidariedade con nenos e nenas autistas ou con enfermidades raras. Deste xeito, ditos nenos e nenas poderán, nese espazo de tempo, disfrutar das atraccións de forma tranquila e sosegada.
Deste xeito, o Concello é sensible cos nenos e nenas que desgraciadamente padecen este tipo de enfermidades e solidarízase con eles e as súas familias, ao igual que os responsables das atraccións, que en todo momento manifestaron a súa disposición a colaborar nesta iniciativa.
Esta foi unha iniciativa conxunta do Concello de Monforte e a Asociación de Autismo, quenes valoraron desde o primeiro momento esta iniciativa como moi necesaria, para facer das Festas Patronais unhas festas inclusivas.
Deste xeito, as Festas Patronais de Monforte son inclusivas e sensibles con este tipo de colectivos, xa que do que se trata é de que sexan unhas festas de todos e para todos, nas que todo o mundo poida disfrutar e sentirse partícipes das mesmas.
É as de Monforte convértense nas únicas festas da comarca que levan a cabo este tipo de iniciativas inclusivas, pois o Concello de Monforte é sensible con este tipo de necesidades, dando así un paso adiante máis en temas sociais, como ven sendo habitual en outros campos e con outros colectivos.