O Alcalde recibe a Saúl López, deportista monfortino medalla de ouro no Campionato de España de Ciclocross 2019

O alcalde con Saúl López

 

Monforte de Lemos, 5 de febreiro de 2019.  O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta mañá ao atleta monfortino Saúl López Álvarez en recoñecemento pola medalla de ouro conseguida no Campionato de España de Ciclocross celebrado en Pontevedra entre o 11 e o 13 de xaneiro de 2019.

Nesta ocasión Saúl conseguiu a medalla de ouro na proba de Ciclocross por relevos formando parte de Selección Galega.

Saúl é un dos deportistas máis destacados do Concello de Monforte que actualmente compite co Club Ciclista Maceda.

Outros resultados recentes e destacados de Saúl son:

  • Campionato Galego que conseguiu no ano 2018 na modalidade BTT XCO (Cross Country Olímpico)
  • O 3º posto no Campionato de España de BTT XCO (Cross Country Olímpico) na modalidade de relevos por equipos (Team Relay).

Deste xeito, o alcalde, en nome de todos os monfortinos, trasladoulle a noraboa por todos os éxitos acadados e obsequiouno cunha figura conmemorativa da Torre do Homenaxe da cidade.