Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na tarde de hoxe, nun acto celebrado ás 17 horas no salón de plenos do Concello e acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, a diversos deportistas monfortinos que colleitaron nos últimos meses e semanas diferentes éxitos nas modalidades en que compiten.
A recepción a estos 17 deportistas serviu para recoñecer publicamente o seu mérito e a importancia dos éxitos acadados. Por este motivo, cada un deles recibiu un trofeo conmemorativo personalizado. O encontro tamén serviu para recoñecer a labor dos clubs ós que pertencen algúns deles, o Club Neka e o Club Quixós.
Deste xeito, rendeuse recoñecemento e homenaxe aos seguintes deportistas:
-Saleta Fernández López (Atletismo): en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Atletismo Absoluto, celebrado en La Nucía (Alicante) entre o 31 de agosto e o 1 de septembro, no que se proclamou Campiona de España na modalidade de salto de altura alcanzando a marca de 1,90 metros (terceira mellor marca nacional).
-Manuel Freire Rodríguez (Piragüismo): en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas, celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou Campión de España na modalidade C1 Clásica e terceiro clasificado na modalidade C1 Sprint.
ATLETAS DO CLUB QUIXÓS:
-Noa Díaz Quintián: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas (xóvenes promesas), celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou Campiona de España nas modalidades K1 infantil e C1 infantil.
-Ximena Prats Moreiras: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas (xóvenes promesas), celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou Subcampiona de España nas modalidades K1 infantil y C1 infantil.
-Gabriela Corral Castro: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas (xóvenes promesas), celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou terceira clasificada na modalidade K1 infantil.
-Efrén Álvarez Vázquez: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas (xóvenes promesas), celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou Campión de España nas modalidades K1 infantil e C1 infantil.
-Alberto Lugilde Montesino: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Descenso de Augas Bravas (xóvenes promesas), celebrado na localidade de Sabero (León) os días 17 e 18 de agosto, no que se proclamou Subcampión de España na modalidade K1 infantil.
ATLETAS DO CLUB TAEKWONDO NEKA:
-Daniel Areán Grejs: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou Campión de España na modalidade de técnica individual.
-Aitor Teijeiro Elidio: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou sexto clasificado na modalidade de técnica individual.
-Inés Casal Peña: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou sexta clasificada na modalidade de técnica individual.
-Alicia Castro Regal: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou sétima clasificada na modalidade de técnica individual.
-Laura Álvarez Suárez: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou Subcampiona de España na modalidade de técnica individual e Subcampiona de España na modalidade de técnica por parellas.
-Elena Varela De Fátima: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou Subcampiona de España na modalidade de técnica por parellas, novena clasificada na modalidade de técnica individual, terceira clasificada na modalidade de Freestyle Individual e Subcampiona na modalidade de Freestyle por parellas.
-Alejandro Losada Rodríguez: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou Subcampión de España na modalidade de técnica por parellas, quinto clasificado na modalidade de técnica individual, Campión de España na modalidade de Freestyle Individual e Subcampión de España na modalidade de Freestyle por parellas.
-Marco García Martínez: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou Subcampión de España na modalidade de técnica por parellas.
-Karla Novo Taboada: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou terceira clasificada na modalidade de técnica individual.
-Carlos Rey Cuadrado: en recoñecemento polos resultados obtidos no Campionato de España de Taekwondo Infantil por Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante o 5 de decembro no que se proclamou sétimo clasificado na modalidade de técnica individual.