Máis de 30 expositores participarán no ShowRoom de Vodas e Eventos de Monforte

 

Monforte de Lemos, 9 de febreiro de 2019. Un ano máis organízase en Monforte de Lemos unha nova edición, a terceira, do ShowRoom de Bodas & Eventos. O evento celebrarase a vindeira fin de semana, os días 16 e 17 de febreiro, de 11:00 a 21:00 horas, nas instalacións do Restaurante Don Manuel. 

Este salón idéase co obxectivo de inspirar a noivos á hora de planificar a súa voda así como a todos aqueles que queiran organizar algún tipo de evento, como un bautizo ou unha comuñón. Para a que é a terceira edición do ShowRoom contarase con máis de 30 expositores relacionados coa organización de eventos, animación, froristería, fotografía, invitacións, orfebrería, lencería, música, peiteados e “make up”, repostería creativa, tocados e complementos, traxes, viaxes, coches clásicos e coctalería.

O domingo 17 de febreiro ás 19:00 horas terá lugar A Pasarela 2019, onde se exhibirán as últimas tendencias en traxes de noivos, gala e comuñón. Todos iso acompañado de diferentes complementos e peiteados para lucir ese gran día. Ao finalizar a pasarela farase un sorteo entre todos os asistentes de dúas ceas para 2 persoas no Restaurante Manuel Bistró de Monforte.

 Este ano 2019, como novidade, incluiuse un hashtag #celebraenribeirasacra para unir o evento á promoción de Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade. Desta forma, onte venres realizáronse as primeiras sesións de fotos con noivos, gala e comuñón en diferentes enclaves da Ribeira Sacra así como de Monforte de Lemos. As sesións durarán ata este domingo 10, polo que si alguén se atopa unha noiva en plena Rúa Cardenal, xa saben porqué é.