Lucía Pérez será a pregoeira das Festas Patronais 2019

Monforte de Lemos, 22 de xullo de 2019. Lucía Pérez será a pregoeira das Festas Patronais 2019 de Monforte. O Alcalde, José Tomé, destacou que “Lucía é a persoa ideal para volver a poñer o broche de ouro ós pregóns dunhas Festas Patronais. A súa presencia e a excelente programación musical dos días posteriores, farán das nosas Festas o maior atractivo turístico do sur da provincia de Lugo en todo o mes de agosto”.

O mandatario local engadiu que “creo que é unha persoa moi querida polos monfortinos e monfortinas, e estou seguro de que contribuirá co seu pregón a que moitos se animen a achegarse ata Monforte a disfrutar das nosas Festas”.

Como xa vén sendo habitual, o Equipo de Goberno mantén a súa idea de contar neste acto de inauguración dos festexos con persoas relacionadas coa nosa cidade ou da nosa provincia. Neste senso, “aínda que Lucía non é monfortina si a sentimos moi próxima, xa que provén do veciño concello de O Incio”.

O Alcalde lanza ademais unha mensaxe a tódolos monfortinos: “eu animo a todo o mundo a que o vindeiro 11 de agosto se acheguen ás portas da Casa Consistorial para dar comezo de xeito oficial ás Festas Patronais”.

Lucía Pérez ven de sacar o seu último traballo, que é o segundo álbum que canta en galego, “Quince Soles”, no que celebra con 15 cancións os seus 15 anos no mundo da música. Neste álbum colaboran artistas como Susana Seivane, Xabier Díaz, Vizcaíno, Chema Purón, Chenoa, Sito Sedes, Rosa Cedrón, Emilio Rúa e Tonhito de Poi.

Consulta toda a iinformación sobre Lucía Pérez na súa web oficial: www.luciaperez.es