Monforte de Lemos. 9 de decembro de 2019. Na mañá de hoxe o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno do Concello, inaugurou o Belén Clásico (diorama monumental) que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente na inauguración.
O Belén, que foi instalado na pranta primeira da Casa Consistorial, permanecerá exposto ata o 7 de xaneiro de 2020.