Monforte de Lemos, 31 de maio de 2019. No mediodía de onte xoves tivo lugar no restaurante Cardenal o acto homenaxe ó Inspector Xefe da comisaría da Policía Nacional de Monforte, Juan Francisco Mariñas Canabal, con motivo da súa xubilación.
No acto, o Inspector Xefe estivo rodeado de familiares, amigos e compañeiros de profesión. Ademais, estivo presente o Alcalde de Monforte, José Tome Roca, a Subdelegada do Goberno, María Isabel Rodríguez, o Xefe Superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, o Comisario Provincial de Lugo, José María Esteban, o Ex-Comisario Provincial de Lugo, Antonio Villamarín, a Xefa Accidental de Monforte, Inspectora Amparo Belmonte, o Xefe BPSC de Lugo, Inspector Xefe José Francisco Ares, o Xefe BPPC de Lugo, Inspector Xefe Manuel Luaces, o Xefe BPINF de Lugo, Inspector Xefe J. Ramiro Díaz, o Xefe S.C-Monforte, Inspector Roberto Varela, o Xefe da Policía Municipal de Monforte, Miguel Martínez, o Comandante de Posto da Garda Civil de Monforte, José Luis Eguren, e a Secretaria da Comisaria de Monforte, a Subinspectora María Jesús Rodríguez.
A homenaxe serviu para que todos destacasen o bo traballo desenvolto ó longo dos seus anos de servizo en Monforte polo Inspector Xefe Mariñas Canabal á fronte da Comisaría da Policía nacional da cidade.
Neste senso, o Alcalde, na súa intervención destacou que “dende que coñecín a Mariñas, sempre tivemos unha boa relación, pero sobre todo foi unha relación de colaboración para tratar de dar o mellor servizo ós cidadáns, como por outra parte é a nosa obriga.”
O rexedor municipal monfortino tamén indicou que “Mariñas xubilouse antes de tempo, cumpriu os anos moi depresa e non vai poder disfrutar da nova Comisaría da Policía Nacional”, en alusión a unha comisaría que agárdase que abra nun corto espazo de tempo.