Este luns ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

Monforte de Lemos, 29 de agosto de 2019. Este luns día 2 de setembro abrirá o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello de Monforte organiza durante o curso 2019 – 2020.

O oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos).

 

Actividades para nenos e nenas

  • Patinaxe
  • Golf (grupos reducidos por idades)
  • Pádel (grupos reducidos por idades)
  • Kung Fu
  • Zumba Kids

 

Actividades para adultos/as

  • Ximnasia de mantemento (2 grupos)
  • Tai Chi
  • Ioga (tres grupos)
  • Zumba

 

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2019 e se prolongará ata finais do mes de maio de 2020, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando o modelo de solicitude establecido no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

O prazo de solicitudes estará aberto dende este luns ata o venres 20 de setembro. Entre o luns 23 e o venres 27 se publicará na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. Se unha vez finalizado o prazo de inscricións se da o caso de que quedan prazas vacantes se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Máis información nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude sitas nas Casiñas da Compañía.