Este luns 10 abre o prazo de matrícula do Conservatorio Municipal e o mércores 12 terá lugar o seu Festival fin de curso

Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2019. O Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez” informa de que a partir deste luns día 10 e ata o martes 25 de xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula para alumnos e alumnas de nova inscrición.

As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2019/20 son as seguintes:

  • Piano
  • Guitarra
  • Trompa
  • Violín
  • Clarinete
  • Trompeta
  • Saxofón
  • Percusión
  • Tuba
  • Trombón

 

A materia de Preconservatorio vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.

Para os nenos e nenas de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, está aberta a inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da Escola de Música.

Para consultar calquera información e matrícula é necesario dirixirse á Secretaría do Conservatorio, situada no Edificio Multiusos de Monforte (Ronda de Mª Emilia Casas Baamonde) en horario de 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 horas. E tamén no teléfono 982 403 893 ou no correo conservatorio@concellodemonforte.com.

 

Festival fin de curso do Conservatorio Municipal

Por outra banda o Festival que clausura o presente curso 2018/19 no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, terá lugar o vindeiro mércores día 12 de xuño no Auditorio do centro, no Edificio Multiusos as 19:00 horas e correrá a cargo  do alumnado do conservatorio, nas especialidades de violín, piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta e percusión.

As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Actuarán tamén os grupos de preconservatorio, coro e orquesta do Conservatorio.

No concerto interpretaranse obras de autores clásicos e contemporaneos..., tamén pezas de autores modernos e música do folklore popular.

O recital está dirixido a todos os públicos en xeral e a entrada é gratuíta.