Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2019. O salón de plenos da Casa do Concello de Monforte acolleu na mañá de hoxe a sesión constitutiva do Consello Municipal de Saúde.
O único punto na orde do día foi precisamente a constitución de dito concello. Ao acto asistiron 16 dos 18 convocados, entre eles o Alcalde, José Tomé Roca, que presidiu o acto, as concelleiras de Servizos Sociais e de Sanidade, Gloria Prada e Pilar Espinosa respectivamente, e o secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, entre outros.
O Consello Municipal de Saúde é un órgano colexiado de participación comunitaria para a consulta, o debate e o seguimento da xestión sanitaria no ámbito municipal. As funcións do Consello Municipal de Saúde son:
- Estudiar a situación sanitaria e os seus problemas no ámbito do Concello.
- Emitir informes, por iniciativa propia ou dos órganos de Goberno Municipal, sobre as materias da súa competencia.
- Elevar propostas e informes ós órganos de dirección e de representación da área de Saúde, e ó Servizo Galego de Saúde.
- Presentar iniciativas, propostas ou suxestións ó Concello, para seren debatidas nas comisións informativas municipais correspondentes, e darlles traslado ás administracións competentes.
- Promover a participación comunitaria en temas de saúde.
O Consello Municipal de Saúde reunirase ordinariamente unha vez ó ano e, con carácter extraordinario, por convocatoria do seu presidente ou cando así o solicite a metade máis un dos seus membros.