Monforte de Lemos, 13 de decembro de 2019.
O Concello de Monforte informa que os traballos de reparación de pavimento na rúa Santo Domingo (dende a súa confluencia coa Praza de España ata o acceso rodado á Igrexa de Santa María da Régoa) iniciados a principios de decembro, necesitan dunha xornada máis de traballo, polo que mañá sábado día 14 volverá a cortarse dita rúa a partir das 8:00 horas.
Os traballos non puideron ser rematados nas datas previstas debido ás continuas inclemencias do tempo. Na xornada de mañá, dado que as previsións meteorolóxicas non son desfavorables, agárdase poder rematar definitivamente os traballos de reparación.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.