Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2019. Dende o Concello de Monforte informarvos do aprazamento do concerto de Os Xograres de Lemos que estaba previsto celebrarse mañá domingo 18 na praza de España ás 22:30 horas. O motivo do aprazamento é pola tráxica morte en accidente de tráfico, na tarde de onte venres, de dous veciños de Monforte, no cruce entre a rúa Escultor Francisco Moure e a estrada a Castro Caldelas.
Dende o Concello, queremos expresar as máis sentidas condolencias ás familias dos falecidos.
O concerto dos Xograres de Lemos celebrarase finalmente o próximo luns 19, no mesmo lugar, a praza de España, e á mesma hora, ás 22:30 horas.