Monforte de Lemos, 11 de xuño de 2019. Dende onte 10 de xuño está aberto o prazo de inscrición no VII Obradoiro de verán de música e baile do Concello de Monforte. Dito obradoiro desenvolverase entre os días 19 e 23 de agosto de 2019 no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”, situado no Edificio Multiusos, en horario de mañá de luns a venres.
O obradoiro constará de 3 partes diferenciadas:
Música
Estará dirixida a todas as idades e contará con obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro,..). O nivel será de iniciación, medio ou avanzado.
Música e Baile
Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 9 anos. Constará dun obradoiro específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica e auditiva, na práctica instrumental e na danza moderna.
Danza
A parte adicada á danza, estará dirixida a nenos e nenas e xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos talleres por idades:
- Danza tradicional galega, a partir de 6 anos
- Danza Moderna, a partir de 10 anos
- Ballet Clásico, a partir de 6 anos
Para impartir os diferentes cursos e obradoiros, contarase con profesores especializados nas distintas materias e especialidades.
INFORMACIÓN:
INSCRICIÓN:
- Do 10 de xuño ao 5 de xullo na Secretaría do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” (Edificio Multiusos)
- Do 1 ao 17 de agosto no edificio do concello – Rendas
PREZO ÚNICO: 25 €. Que inclúe poder elixir ata tres obradoiros máximo.