Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2019. Na Xunta de Goberno Local celebrada no día de hoxe, o Equipo de Goberno aprobou a concesión de bolsas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2018 – 2019.
A partida orzamentaria destinada a estas axudas foi de 5.000,00 € que se repartiron entre un total de 20 deportistas do Concello de Monforte, tendo en conta que a contía máxima de cada bolsa non podería superar os 600,00 €.
A cantidade asignada a cada unha das bolsas foi determinada en base ós criterios de valoración publicados nas bases, que valoraban os tres mellores resultados conseguidos en competicións oficiais durante a tempada, así como ser convocado pola selección autonómica ou estatal, practicar unha modalidade ou especialidade deportiva olímpica e a categoría de idade do/a deportista.
Requisitos das persoas beneficiarias
Para poder optar a este tipo de axuda os/as deportistas debían de cumprir os seguintes requisitos:
- Practicar algunha modalidade ou especialidade deportiva de carácter individual, tendo en conta que non se consideran participacións individuais os relevos nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.
- Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
- Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
- Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o Campionato de España, Europa ou do Mundo propio da modalidade deportiva.
- Estar ó corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
- Non estar incurso/a en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Da valoración de cada unha das solicitudes se encargou unha comisión de valoración que estivo formada polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, e a Técnica de Intervención do Concello de Monforte, María Buján.
Contía das bolsas e deportistas beneficiarios:
Solicitante |
Modalidade deportiva |
Puntuación total |
Contía da bolsa |
Jairo Salgueiro Montero |
Atletismo |
85 |
425,20 € |
Saleta Fernández López |
Atletismo |
80 |
400,20 € |
Manuel Freire Rodríguez |
Piragüismo |
73 |
365,20 € |
Alejandro Losada Rodríguez |
Taekwondo |
68 |
340,20 € |
Alejandro Fernández Franjo |
Taekwondo |
68 |
340,20 € |
Noa Díaz Quintián |
Piragüismo |
56,5 |
282,60 € |
Marco García Martínez |
Taekwondo |
56 |
280,10 € |
Saúl López Álvarez |
Ciclismo |
52,5 |
262,60 € |
Ximena Prats Moreiras |
Piragüismo |
49,5 |
247,60 € |
Efrén Álvarez Vázquez |
Piragüismo |
48,5 |
242,60 € |
Laura Álvarez Suárez |
Taekwondo |
47,5 |
237,60 € |
Sonsoles Martín Rodríguez |
Atletismo |
47 |
235,10 € |
Nicolás Díaz Quintián |
Piragüismo |
44 |
220,10 € |
Gabriel Rodríguez López |
Piragüismo |
42 |
210,10 € |
Laura Rodríguez Cortiñas |
Piragüismo |
41 |
205,10 € |
Alberto Lugilde Montesino |
Piragüismo |
36,5 |
182,60 € |
María Martín Rodríguez |
Atletismo |
36 |
180,10 € |
Claudio Fernández Quevedo |
Piragüismo |
32,5 |
162,60 € |
Óscar Díaz Quiroga |
Automobilismo |
20 |
100,10 € |
Aitor Teijeiro Elidio |
Taekwondo |
16 |
80,00€ |