A Xunta de Goberno do Concello de Monforte aprobou onte a concesión de subvencións a Asociacións para actividades desenvoltas no exercicio 2019

Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2019. Na Xunta de Goberno do Concello de Monforte, celebrada onte luns día 11, o Equipo de Goberno ven de aprobar a concesión de subvencións a Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións para actividades realizadas no exercicio 2019.

A contía destinada a estas subvencións ascendeu a 12.000 euros, sendo 1.000 euros a contía máxima para cada subvención. As asociacións teñen de prazo ata o día 13 de decembro para xustificar a subvención concedida.

O Alcalde, José Tomé Roca, resaltou que “o que pretendemos con esta liña de axudas é apoiar e incrementar as actuacións culturais da nosa cidade, a través do fomento de charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc., que sexan de interese xeral para os cidadáns ou sobre algún colectivo que mereza especial atención. E tamén, queremos contribuír ó aumento do asociacionismo de tipo cultural, artístico e creativo na nosa cidade”.

 

Requisitos dos beneficiarios

Para poder optar a este tipo de subvencións, as asociacións debían cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello (ter domicilio social, sede ou representación en Monforte) e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo. Estes requisitos son:    

 

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvención públicas.
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  7. Estas subvencións exclúen a Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.

 

Entidades beneficiarias

                     ASOCIACIÓN

SUBVENCIÓN A CONCEDER

1

A. C. OS XOGRARES DE LEMOS

622,63 €

2

SOCIEDAD LA FRATERNAL

905,64 €

3

A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA

849,04 €

4

SOCIEDAD CIRCULO VICTORIA

905,64 €

5

A. CULTURAL Y DEPORTIVA SAN MARTÍN DE PIÑEIRA

679,23 €

6

A. VV. STA. BARBARA DE DISTRIZ

275,37 €

7

A. VV. DE RIBASALTAS

679,23 €

8

ASOCIACION PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA

392,26 €

9

ASOCIACION VECIÑOS BARRIO DE COBAS

77,28 €

10

ASOCIACIÓN CULTURAL LEMAVOS

566,03 €

11

ANPA COLEXIO PP. ESCOLAPIOS DE MONFORTE

679,23 €

12

CASINO ATENEO DE MONFORTE DE LEMOS

105,39 €

13

A. VV. DE PIÑEIRA

515,08 €

14

ASOCIACION CULTURAL TEATREIRAS

67,67 €

15

ASOC DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA

427,92 €

16

SOCIEDADE GASTRONOMICA E CULTURAL O TIZON

509,42 €

17

ASOCIACION CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL DAS FONTES

494,99 €

18

ASOCIACION CULTURAL,EDUCATIVA E SOCIAL AULABERTA

373,67 €

19

A. VV. A XUNTANZA DE STA MARIÑA DO MONTE

610,18 €

20

ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA

792,44 €

21

A. VV. DO BARRIO DA FLORIDA "EDUARDO PONDAL"

735,83 €

22

ANPA COLEXIO A GÁNDARA

735,83 €

 

                                              TOTAL SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

12.000,00

 

 

O Alcalde concluíu salientando que “con estas axudas dende o Equipo de Goberno do Concello apoiamos ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan os programas dos servizos culturais municipais e que se dirixen á comunidade en xeral.”