Monforte de Lemos, 20 de xullo de 2019. A XXI Mostra de artesanía Artelemos 2019 vaise celebrar en Monforte do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal de Monforte de Lemos; como cada ano, o evento servirá de antesala ás Festas Patronais da cidade.
A feira, que naceu no ano 1996 e que xira arredor da artesanía, deixouse de realizar dende o ano 2011 (último ano de celebración); o actual Equipo de Goberno do Concello de Monforte volveu a recuperala e dende o ano 2015 celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos.
Nesta mostra, que alcanza a edición número 21, contaremos coa presencia de 29 profesionais da artesanía (2 máis que o pasado ano 2018 e 7 máis que no ano 2017), que coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de venda individuais e agrupados en carpas separadas en grupos de 4 artesáns cada unha. Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional de cada un deles, quedando pechado cada posto ás 23:00 horas, e con vixilancia nocturna para garantir a seguridade das pezas expostas.
Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía
Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.
O obxectivo de Artelemos é tentar achegar a Artesanía Local e Galega á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: Gundivós, cerámica galega, coiro, cestería, complementos, moda …. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade.
Na Mostra, que dará comezo o sábado 3 de agosto ás 11 da mañá, ademais dos 29 stands adicados á artesanía, poderemos ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos días de duración do evento.
Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día (máis abaixo) e o domingo día 4, haberá unha Xuntanza de Palilleiras, promovida dende a Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, onde teremos presenza tamén de Palilleiras de Sarria e Quiroga.
En verbas do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca “dende o Concello, queremos que Artelemos sexa unha Feira actual, interxeracional, e intentamos acercar á poboación máis nova os valores do traballo feito a man e dunha identidade que queremos sumar como promoción turística do noso rural e da nosa Ribeira Sacra.”
Programación 21ª Mostra Artelemos 2019
Sábado 3:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:30 H.- Inauguración Oficial
12:00 a 14:00h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López González.
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias García
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Domingo 4:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:00 a 14:00 h.- Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Luns 5:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá: Amparo Scrich
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá: Amparo Scrich
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Martes 6:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:30 a 14:00h.- Obradoiro de cestería para nenos/as. Artesá: Paqui Abeledo
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
18:30 a 21:00 h.- Demostración dunha peza de lá fieltrada. Artesá: Pilar Gonda
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Mércores 7:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias
22:00 h.- Peche 21ª Mostra Artelemos 2019