Monforte de Lemos, 1 de abril de 2019. A Casa da Cultura de Monforte acolle a partir de mañá, 2 de abril, e ata o día vindeiro día 15, a exposición de Ángel Martínez Díaz.
Trátase dunha mostra de diferentes traballos elaborados con materiais naturais como poden ser pedras, cunchas, minerais,...
O artista, orixinario de Monforte, vive actualmente en A Coruña, e achega á cidade do Cabe unha completa mostra de obras nas que predominan os motivos animais, humanos e da natureza.