30 de agosto de 2018. O vindeiro domingo, 2 de setembro, conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA CULTURA XUDEA.
Por ese motivo, haberá visitas guiadas e gratuítas á xudaría de Monforte. Unha delas será ás 11:30 horas e a outra ás 18 horas.
Por outra parte, a Casa da Cultura acollerá un concerto de música tradicional ibérica e serfardí, que estará a cargo de Paco Díez. A cita é ás 20 horas.
Díez está considerado un referente do romanceiro ibérico e a música sefardí
Ademais, foi candidato ó Premio Princesa de Asturias das Artes en 2016.