O xoves, 20 de setembro, abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación na piscina municipal

17 de setembro de 2018. Comeza a nova temporada de cursos de natación e actividades deportivas na piscina municipal.

Neste novo curso ofértanse 441 prazas en cursos de natación e actividades dirixidas, ás que se unen as 260 prazas que o Concello oferta dentro do programa Escolas Deportivas Municipais 2018-2019.

A partir do xoves, 20 de setembro, xa é posible realizar a inscripción.

A oferta deportiva prevista para o curso 2018 - 2019 é:

ACTIVIDADES EN PISCINA

CURSOS DE NATACIÓN: inicio o 1 de outubro

Bebés: de 6 meses a 3 anos

Infantil: de 4 a 5 anos

Nenos/as: de 6 a 12 anos

Xóvenes e adultos: a partir de 13 anos

XIMNASIA ACUÁTICA (a partir de 16 anos):

Luns e mércores ás 10 horas

Martes e xoves ás 9:45 horas

Apertura do prazo de inscricións para socios/as: xoves, 20 de setembro

Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: luns 24 de setembro

 

ACTIVIDADES EN SALA (a partir de 16 anos): inicio 17 de setembro

 

•          Aero – Step

•          Aerobike

•          Ximnasia de mantemento

•          Body training

•          Pilates

•          Zumba

•          En Forma

•          Hipopresivos

Apertura do prazo de inscricións para socios/as: luns 17 de setembro

Apertura do prazo de inscricións para non socios/as: venres 21 de setembro

Durante o mes de setembro as actividades dirixidas en sala serán gratuítas para socios/as.

OUTRA OFERTA DEPORTIVA:

 

•          Nado libre en piscina

•          Ximnasio de uso libre

•          Aluguer de pistas de tenis

HORARIO DA INSTALACIÓN:

 

•          De luns a venres de 7:30 a 14 h.  e  de 15 a 23 h.

•          Sábados de 10 a 14:00 h.  e  de 18 a 22 h.

•          Domingos e festivos: de 10:30 a 14:30 h.

 

Máis información e inscricións nas instalacións da Piscina Climatizada Municipal (R/ Estrada de Sober s/n).  Tf. 982 40 38 09 

 E-mail: infomonforte@alacerocio.com 

Horarios de actividades da piscina municipal 18-19