17 de setembro de 2018. O luns, 17 de setembro, abre o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte para o curso 2018/19.
Unha das novidades do vindeiro curso académico é que se volverán a impartir as clases de danza clásica e contemporánea.
As persoas interesadas en inscribirse deben dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos, pola mañá de 10 a 13 horas, e durante a tarde de 17 a 19 horas.
Tamén é posible facelo a través da sede electrónica.
Especialidades ofertadas
MÚSICA
Música e movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
Percusión (batería, percusión)
Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
Teclado
Acordeón
Guitarra española, guitarra eléctrica
Gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón
trompa, trompeta, trombón de varas, tuba
No apartado de música, a ensinanza complétase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na escola.
DANZA
Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
Danza contemporánea/ moderna (a partir de 9 anos)
Ballet clásico (a partir de 5 anos)
Neste novo curso vaise dar un impulso á danza, cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación ou a expresión. Os profesores orientarán as clases cara un ensino profesional.
A idea é formar grupos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.
O Concello de Monforte quere consolidar, con toda estas especialidades, unha ampla e variada oferta para a escola, tanto en música como en danza.