21 de novembro de 2018. O Alcalde reuniuse co Delegado do Goberno en Galicia para avanzar na solución de diferentes asuntos relevantes para o Concello de Monforte.
Un dos temas que estivo enriba da mesa son as axudas que concende o Goberno central para a rehabilitación de vivendas. Concretamente, a cidade do Cabe vai recibir algo máis de 136.000 euros para rehabilitar 25 vivendas.
Por outra parte, José Tomé e Javier Losada anunciaron a licitación do contrato para a redacción da variante da A-76, cuxa contía ascende a 650.000 euros.
Polo que respecta ó xiro de vehículos á saída de Expolemos en dirección a Monforte, o Alcalde e o Delegado apuntaron que o obxectivo é acometer esta actuación en 2019.
Os dous líderes políticos tamén falaron do ferrocarril e destacaton que o Goberno asumirá o plan presentado polo mandatario local para suprimir catro pasos a nivel así como a creación dun bypass para as mercadorías.
Outro dos asuntos pendendes é o traslado da comisaría da Policía Nacional. Neste caso, Losada dixo que no mes de xaneiro, cando se realice o traslado do Centro de Drogodependencias ó barrio da Estación, asinarán a cesión do edificio e, posteriormente, o convenio de colaboración para executar as obras.