A Feira do Libro celébrase do 22 ó 25 de agosto na rúa Cardenal

17 de agosto de 2018. A Feira do Libro de Monforte vaise celebrar do 22 ó 25 de agosto na rúa Cardenal.

 

 

O acto de inauguración será o mércores, 22 de agosto, ás 19 horas. O pregón estará a cargo de Lois Diéguez.

O Alcalde, José Tomé, destacou durante a presentación que “a Feira do Libro de Monforte é un clásico das feiras do libro de Galicia, ademais, forma parte da programación do Verán Cultural, que organiza o Concello”.

O mandatario local engadiu que  “dende o Equipo de Goberno colaboramos con esta festa da literatura porque consideramos que con ela conseguimos achegarlle ós cidadáns unha parte fundamental da nosa cultura e polo tanto, contribuímos á súa divulgación. Ó mesmo tempo, coa Feira do Libro ofrecemos o noso apoio a un sector tan importante como é o editorial”.